2 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/272.jpg

ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía + Like Drone Razors Through Flesh Sphere

O ESPAZO LABORATORIO arranca cun laboratorio de fotografía onde se revelarán vellos negativos en branco e negro, coa música experimental en directo de Like Drone Razors Through Flesh Sphere de fondo.

Like Drone Razors Through Flesh Sphere. Drone Doom Metal español e sen apelidos. Banda experimental, case anónima e de culto. En activo dende 1999, acumula xa nove álbums, dous EP e numerosos singles e discos compartidos con outros proxectos. Publican en Black Mass e a maioría das súas copias son únicas e feitas a man. Un misterio contundente.

A entrada é libre até completar aforamento.