19 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/283.jpg

ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía + Miguel Prado

A actuación de Miguel Prado pecha a xeira do ESPAZO LABORATORIO, nunha nova experiencia musical acompañada do positivado en vivo de vellas fotografías.

Nado na Coruña en 1985, Miguel Prado é un artista que traballa coa improvisación, o son, o silencio e a performance. Trata de cuestionar as nocións de espectáculo e os seus roles, a autoría, a produción artística e as expectativas creadas ao seu arredor. Arestora traballa en Nzʉmbe, un dos seus últimos proxectos, onde explora as contradicións do dispositivo crowdfunding.

A entrada é libre até completar aforamento.