8 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/275.jpg

ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía + Roberto Mallo

A música de Roberto Mallo acompañará o proceso de revelado de vellas fotografías en branco e negro nesta nova xornada do ESPAZO LABORATORIO.

Roberto Mallo. Músico experimental, interesado na improvisación e nos procesos de realimentación e a reapropiación de excedentes da sociedade de consumo, sexa co saxofón ou con dispositivos electrónicos. Como técnico é tamén responsable do son rexistrado de bandas como Srasrsra, Tora! Tora! Tora!, Trajano, Los Televisores ou Franc3s.

A entrada é libre até completar aforamento.