16 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/281.jpg

ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Mano de Obra

A música da banda coruñesa Mano de Obra acompañará unha nova proxección de cinema afeccionado na segunda sesión do ESPAZO SÚPER 8.

Mano de Obra teñen publicado dous EP: Imperio Cobra e Cámara de cría. Autoeditados ambos e difundidos na rede ao longo do último ano, avalan a proposta distópica e retrofuturista desta banda. Con base na Coruña, forman o comando Coco Lens (baixo e voz), Víctor García (teclados) e Alberto Vázquez (batería).

O Grupo S8 encargarase das proxeccións e da montaxe visual.

A entrada é libre até completar aforamento.