23 Novembro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/285.jpg

ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Ulrica

Con Ulrica a acompañar unha nova sesión de cinema doméstico, botan a cancela o ESPAZO SÚPER 8 e o Festival SINSAL é NORMAL, despois dun mes de actividade.

Ulrica é o novo proxecto do vocalista, guitarrista e compositor coruñés Pedro Granell (Eskizos, Kozmic Muffin, Sils-María), con Iago Alvite (baixo) e Samuel Pérez (batería). Un encontro inverosímil entre Bill Callahan e Einstürzende Neubauten. Tras presentarse na rede con tres temas propios e unha adaptación dun poema de Lois Pereiro, preparan o seu debut para este outono.

O Grupo S8 encargarase das proxeccións e da montaxe visual.

A entrada é libre até completar aforamento.