31 Outubro 2012, 20:30

http://istoenormal.org/images/271.jpg

ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Nouvelle Cuisine

Estrea do ESPAZO SÚPER 8 coa proxección de películas familiares en formato Súper 8 mentres actúa a banda coruñesa Nouvelle Cuisine.

Nouvelle Cuisine é unha banda formada en 2001 na Coruña. Debutan en 2007 con Autodictado e recuncan un ano despois con De memoria. Tras varios cambios, con entradas e saídas, o grupo fórmano agora Javier Garrido, Carlos Lens e Edu Poch. A súa última referencia é La guerra del volumen (2010), un EP gravado nos estudos de Arturo Vaquero en Abrigueiro (Lugo).

O Grupo S8 encargarase das proxeccións e da montaxe visual.

A entrada é libre até completar aforamento.