5 Abril 2011, 20:30

Fiteuc 2011

18 Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña

A novidade máis importante para esta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña é a participación de dous novos grupos nacidos no seo da Universidade da Coruña, Peripecia Teatro no Campus da Coruña e o TUF (Teatro Universitario Ferrolano) no Campus de Ferrol.

Agradecemos, un ano máis, a colaboración das Concellerías de Cultura da Coruña e Ferrol e o apoio do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Entrada gratuíta ata completar o aforo.
Todas as representacións son ás 20:30h

5 ABRIL Teatro Rosalía de Castro. A Coruña Encontro de danza. Fragmentos das seguintes pezas:
  • REDE NA REDE de Rut Balbís, aula de danza da Universidade da Coruña
  • ANCORAXE de Begoña Cuquejo e Marta Alonso, Dou-Tras, Universidade de Vigo, Campus de Ourense
  • EMPATÍA de Juan Carlos Zahera e Amparo Novás, Espazo de danza da Universidade de Santiago de Compostela
  • SON[H]O DOR-MENTE de Rui Pires, Teatrubi-Asta, Universidade da Beira Interior, Portugal

6 ABRIL Fórum Metropolitano. A Coruña

  • REDE NA REDE de Rut Balbís, aula de danza da Universidade da Coruña

13 ABRIL Teatro Rosalía de Castro. A Coruña

  • NUNCA DURMO de Rubén Ruibal, aula de teatro da Universidade da Coruña

25 ABRIL Fórum Metropolitano. A Coruña

  • ZÁPPING de Pepa Barreiro a partir de textos de Euloxio R. Ruibal, Bernard Marie Koltés e Lois Pereiro, aula de teatro da Universidade de Vigo, campus de Vigo

26 ABRIL Fórum Metropolitano. A Coruña

  • SYSTEMA creación colectiva a aprtir de textos de David Ramos Castro, Peripecia Teatro, Universidade da Coruña

27 ABRIL Teatro Rosalía de Castro. A Coruña

  • HISTORIA DE PURA E ANGELITA. PEQUENO DIVERTIMENTO MORDAZ de Roberto Salgueiro, adaptación libre de Os gatos de Agustín Gómez, aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela

28 ABRIL Fórum Metropolitano. A Coruña

  • LEVE, A NADA ENTRE AS MANS de Fernando Dacosta a partir de Seda de Alessandro Baricco. Maricastaña, aula de teatro universitaria de Ourense

29 ABRIL NORMAL. A Coruña

  • GRIETAS SOBRE VENUS de Juan Luis Sáez a partir de textos de Angélica Liddell, Carlos Marquerie, Félix Grande, Märta Tikkanen, Gertrude Stein, Pablo Hidalgo e Celso Jiménez. Aula de teatro da Universidade de Burgos

2 MAIO Capela do Centro Torrente Ballester. Ferrol

  • PASATEMPO creación colectiva dirixida por Pablo Sánchez. Ten, Teatro escola de Narón

3 MAIO Capela do Centro Torrente Ballester. Ferrol
Encontro de danza:

  • CURTAS 2010-2011 de Cristina Montero e Rut Balbís. Escola de danza contemporánea de Narón
  • REDE NA REDE de Rut Balbís, aula de danza da Universidade da Coruña

4 MAIO Capela do Centro Torrente Ballester. Ferrol

  • NUNCA DURMO de Rubén Ruibal, aula de teatro da Universidade da Coruña

10 MAIO Capela do Centro Torrente Ballester. Ferrol

  • O INVISIBLE ESPECTRO DA VELLEZ E A SERENA SUPERACIÓN DO ÉXITO creación colectiva dirixida por Gonzalo Guerreiro. Tuf, Teatro universitario ferrolán

11 MAIO Capela do Centro Torrente Ballester. Ferrol

  • O CÍRCULO DE XIZ de Alberte Cabarcos, adaptación de O círculo de xiz caucasiano de Bertolt Brecht. Aula teatro de Lugo