8 Maio 2012, 08:39

http://istoenormal.org/images/216.jpg

FITEUC 2012

O 19º Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña sae a escena cun mes de maio cheo de Teatro e Danza universitarios. Consulta toda a programación.

8 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
Corifeo Teatro (UDC), Barcelona, mapa de sombras, de Lluisa Cunillé.
Dirección: Sofía González Castro.

9 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
Aula de Teatro da Universidade de Vigo, Dentro do Labirinto, a partir de Antígona, de María Zambrano.
Dirección: Pepa Barreiro.

10 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
FITEUC DANZA, coa participación de Danza NORMAL (Aula de Danza UDC ), D-ou-tras (Danza Universitaria Ourense), Compañía de Danza da USC-Campus de Lugo, e a Escola de Danza Contemporánea de Narón.

12 de maio, 11:00 horas, Centro Penitenciario de Teixeiro:
Teatro NORMAL (Aula de Teatro UDC), Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas.
Dirección: Rubén Ruibal.

15 de maio, 20:30 horas, Teatro Rosalía:
Teatro NORMAL (Aula de Teatro UDC), Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas.
Dirección: Rubén Ruibal.

21 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
TeatrUBI (Universidade da Beira Interior, Portugal), Mata-dor, a partir de A casa do Insesto, de Anaïs Nin.
Dramaturxia e dirección de Rui Pires.

22 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo, de Francisco de Monteser.
Dirección: Roberto Salgueiro.

23 de maio, 20:30 horas, Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, FERROL:
Estrea de Fanfarra, TUF (Teatro Universitario Ferrol), creación colectiva arredor do mundo de Emir Kusturica dirixida por Gonçalo Guerreiro.

23 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
Aula de Teatro de Ourense, Un feliz mundo novo, dramaturxia e dirección de Fernando Dacosta a partir do orixinal de Aldous Huxley.

30 de maio, 20:30 horas, Fórum Metropolitano:
TUF (Teatro Universitario Ferrol), Fanfarra, creación colectiva arredor do mundo de Emir Kusturica.
Dirección: Gonçalo Guerreiro.

CINESCENA

Concibido como actividade complementaria do FITEUC 2012 (Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña), CINESCENA achéganos catro visións cinematográficas sobre o mundo do teatro, a danza e a acción performativa. Desde a rendida homenaxe ao universo teatral de Louis Malle en Vania na rúa 42, á incursión cinematográfica de Peter Brook coa súa xa célebre Marat Sade, pasando pola “profunda reverencia á beleza que Bausch entregou ao mundo” sobre a que Wim Wenders construíu o seu documental Pina, ou pola exploración dos límites escénicos da acción protagonizada polo bailarín Josef Nadj e o pintor Miquel Barceló en Paso doble, CINESCENA tende unha ponte entre o cinema e a escena en NORMAL.

PROXECCIÓNS

3 MAIO: Vania na rúa 42 (1994), de Louis Malle

16 MAIO: Unha cidade por ser actuación de DanzaNormal +
Paso dobre: Miquel Barceló e Josef Nadj (2006), de Bruno Delbonnel

24 MAIO: Pina (2011), de Wim Wenders

31 MAIO: Marat-Sade (1967), de Peter Brook