26 Abril 2012, 20:30

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/177.jpg

FITEUC 2012: ‘El inmigrante, El Nica’

NORMAL acolle a función inaugural do Festival Internacional de Teatro da Universidade da Coruña. Trátase dun monólogo en formato de lectura dramatizada a cargo da compañía costarriqueña Teatro La Polea.

El inmigrante, El Nica é un monólogo baseado en feitos reais. Un inmigrante chamado José Mejía Espinoza (César Meléndez) fala con transparencia, humor e profundidade cun Cristo crucificado. Esta obra pretende mostrar o rostro amargo da migración obrigada, do terrible desarraigo que produce, do desconsolo, os anceios, a soidade, a alegría efémera, o amor, as carencias, a crueldade, a esperanza e a fe dos emigrantes.

Gañou premios e recoñecementos en Miami, Washington, Los Ángeles, Canadá, México, Cuba, Honduras, El Salvador, Nicaragua, Colombia, Arxentina, Francia, España, Inglaterra… Foi vista por máis de 500.000 persoas en máis de 700 comunidades de Costa Rica.

Teatro La Polea foi fundado por César Meléndez en San José, Costa Rica, en 1999 co obxectivo de investigar, xunto coa súa compañeira Cristina Bruno, a problemática das relación humanas na sociedade actual e traducir os resultados á linguaxe escénica.

Esta lectura dramatizada faise en colaboración coa Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense e coa Asemblea de Cooperación pola Paz.