2 Abril 2019, 20:30

http://istoenormal.org/images/708.jpg

FITEUC 2019. Do 2 ao 25 de abril

Unha nova edición do Festival de teatro universitario da Coruña está xa aquí, con funcións en NORMAL, no Centro Cívico dos Mallos, no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Rosalía Castro.

ACCIÓNS DANZA NORMAL da UDC
dirección_ RUT BALBIS
bailan_ Eva Fórneas, Cristina Romero, Beatriz Saavedra, Elías Álvarez, Camila Ferreyra e NataliaCives

Normalmente unha acción implica movemento ou un cambio de estado ou situación, un punto de partida
perfecto para os nosos corpos. Despois, as accións poden transformarse a través da repetición, o cambio de
dirección ou a intensidade, e se sumamos a luz e o son poderemos construír distintas propostas escénicas. Así, a nosa peza xoga en directo con catro accións para por no palco unha práctica sobre a composición
coreográfica.

ADITUS IMPRO ΥΔΚ

dirección_ Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga)
reparto_ Yacine Dieye, Marta Camacho, Tere Cambón, Inma Corredoira, Carolina LLanes, Virginia Pañeda, Roberto Pérez, Kevin Prieto, Carmen Rodriguez A, Carmela Rodriguez S., Silvia Sueiro, Angela Triana, Rocío Vázquez, Andrea Vilariño, Igor Vizoso

Improvisación teatral

Datas: 2 e 4 de abril de 2019.
Horario: a partir das 20:30 horas.
Lugar: Sala de exposicións de NORMAL.

ANIMALIÑOS “EXPRESS” CORIFEO TEATRO

Xogo libre a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño
dirección e dramaturxia_ Laura Mariño Sánchez
reparto_ Marián Fuentes , Patricia Fernández , Laura Blanco , Lucía Blanco , Lucía López , Nuria Calvo,
Marcelino Fuentes

_Unha parella vén de mercar un adosado con xardín e, nunha destas, descobre
que o xardín está sendo asolado por unha praga de caracois_.

Aforo: Máximo de 25 persoas por función

Datas: 3 de abril de 2019.
Horario: dúas funcións ás 20:00 e 21:00 horas.
Lugar: Sala de exposicións de NORMAL.

A MULLER QUE TIÑA MEDO E MARCHOU VIVIR AO CARREFOUR AULA DE TEATRO DA USC

dirección_ Roberto Salgueiro
reparto_ Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González, Inma Fernández
_Se algo caracteriza ao medo é a súa capacidade de mimetismo. Como os insectos que se confunden entre as
follas das árbores ou os roedores que, inmóbiles, pasan desapercibidos entre a herba dos prados, o medo
coñece perfectamente o medio onde se desenvolve e pon en marcha as estratexias necesarias para non ser
recoñecido_.

Datas: 9 de abril de 2019.
Horario: a partir das 20:30 horas.
Lugar: Teatro Jofre de Ferrol.

SISTEMA 1 DANZA FERROL DA UDC

dirección_ Cristina Montero
bailan_ Silvia Fernández, María Iglesias, Carme Sas, Macarena Somoza, Lucia Fernández, María Hernández, Sergio León e Luis Alberto Gago

Proposta que nace da exploración libre do corpo e do movemento baseado no traballo de grupo e do
que se transmite co movemento cara ós outros.

PERMEABLES COMPAÑIA DE DANZA DA USC-LUGO

dirección_ Juan Carlos Zahera
coreografía_ Rosa Acuña
bailan_Clara Bugallo, Sonia L. Pumarega, Andrea Naveira e Álvaro Rodríguez

De fóra a dentro e de dentro a fóra. Todo o que nos traspasa dende a pel hasta as nosas emocións. Dende os
sentidos ..vista, oído, tacto… ata a enerxía que recibimos e compartimos nos leva a dar pasos diferentes no noso camiño.

ACCIÓNS DANZA NORMAL da UDC

dirección_ RUT BALBIS
bailan_ Eva Fórneas, Cristina Romero, Beatriz Saavedra, Elías Álvarez, Camila Ferreyra e Natalia
Cives

Normalmente unha acción implica movemento ou un cambio de estado ou situación, un punto de partida
perfecto para os nosos corpos. Despois, as accións poden transformarse a través da repetición, o cambio de
dirección ou a intensidade, e si sumamos a luz e o son poderemos construír distintas propostas escénicas. Así,
a nosa peza xoga en directo con catro accións para por no palco unha práctica sobre a composición
coreográfica.

Datas: 10 de abril de 2019.
Horario: a partir das 20:30 horas.
Lugar: Teatro Jofre de Ferrol.

IMPLOSIÓNS, DROGAS, PASMA E OUTRAS COUSAS DAS QUE PREOCUPARSE AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE MARICASTAÑA

dirección_ Fernando Dacosta
reparto_Candela López, Irene Pérez, Caterina Vázquez, Héctor Martínez, María Novoa, Raquel
Fernández, Tatiana González, Nelly Formoso, Chelo Cortiñas, Lola Fernández, Óscar Castromán

_Un chibo expiatorio ao que pagan para ser iso, un chibo expiatorio.
Unha nai que non deixa de parir e carga ao fillo maior coa súa prole mentres ela fabrica máis.
Estrañas explosións nuns grandes almacéns que atraen a máis clientes a pesar das mortes.
Un policía sagaz, outro policía implacable, outro que se disfraza e unha morea de polis inútiles.
Vellos xonquis aos que hai que desintoxicar.
Unha xornalista que vive por e para os seus artigos.
Unha irmá fotógrafa.
Outra irmá visionaria.
Os irmáns pequenos que precisan das historias do irmán maior.
Un can epiléptico.
Unhas rúas multiculturais, perigo e disparos, sospeitas, interrogatorios, desaparicións, amores e calentóns.
Historias entre o humor negro, o cine negro e a filosofía da vida, dunha vida fóra do común, afastada tanto do cotián
que se volve entrañable_

Datas: 23 de abril de 2019.
Horario: a partir das 19:00 horas.
Lugar: Centro Cívico Os Mallos de A Coruña.

GUM_ LILO & EVA de DANZA 2

dirección e bailan_ Lilo e Eva Fórneas Braña

E cando despertou o mundo, Gum xa estaba alÍ

Datas: 24 de abril de 2019.
Horario: a partir das 19:00 horas.
Lugar: Centro Cívico Os Mallos de A Coruña

O SOLSTICIO DE PIAZZOLA COMPAÑIA DE DANZA USCompostela

dirección_ Juan Carlos Zahera
coreografía_ Xiana Vilas
bailan_Lupe Carballo, Sina Menrad, Marta Nogueira, Icía Rodríguez, Loaira Sánchez e José Vera

Nesta peza mudámonos a Bos Aires para bailar o solsticio de verán a ritmo de Piazzola. Na Arxentina a auga
xira ao revés e os paraugas sácanse no verán. Bailamos coa chuvia, e coas persoas. Deixamos que entre o
aroma arxentino de tango pola fiestra do verán.

DESBANDADA EN SI BEMOL DOUTRAS OURENSE

dirección_ Nuria Sotelo
bailan_ Belén Ferro Bugueiro, Mercedes Ferro Bugueiro, Noelia Camón Outumuro, Alicia Fraga Liste,
Sira González Rodríguez, Rosa Mojón Pérez, María Sonia Paz González, Carlos Quintas Rodríguez, Noelia
Rodriguez Pereira, Daniele Tommasini, Maria José Castro Fernández, Mónica Iglesias López. Veruska Castello
Branco de Vasconcelos

_Orde dentro do caos
No Vento
Corpos conectados
Sinfonía de singularidades_

ACCIÓNS DANZA NORMAL da UDC
dirección_ RUT BALBIS
bailan_ Eva Fórneas, Cristina Romero, Beatriz Saavedra, Elías Álvarez, Camila Ferreyra e Natalia
Cives

Normalmente unha acción implica movemento ou un cambio de estado ou situación, un punto de partida
perfecto para os nosos corpos. Despois, as accións poden transformarse a través da repetición, o cambio de
dirección ou a intensidade, e si sumamos a luz e o son poderemos construír distintas propostas escénicas. Así,
a nosa peza xoga en directo con catro accións para por no palco unha práctica sobre a composición
coreográfica.

Datas: 25 de abril de 2019.
Horario: a partir das 20:30 horas.
Lugar: Teatro Rosalía Castro de A Coruña.