3 Maio 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/611.jpg

FITEUC Danza

FITEUC DANZA
TEATRO ROSALÍA
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Envés

Sinopse

Un corpo no espazo, un tempo; a persoa que está detrás dese corpo, un acompañamento, un solo, un dúo e o grupo, o que nos une o que nos diferenza. Estamos rodeados e feitos de contrastes que se harmonizan nun tempo e nun espazo. Encontros, postas en común dos contrastes que nos definen, a partir destas proposicións formamos un universo, moitos dos enunciados son comúns, pero afrontámolos de xeitos diversos. Trátase de abrazar a diversidade, de corpos diversos con universos compartidos nun mesmo tempo.

Dirección: Juan Carlos Zahera
Coreografía: Xiana Vilas
Bailan: Lucía González, Sina Menrad, Loaira S. Lázare e Mikaela Viqueira

Compañía de danza da USC
____________________________

Carnívora

Sinopse

Estas trampas teñen forma de floreiro ou de copa e ao fondo teñen un líquido acuoso onde os insectos afogan. Os insectos son atraídos por aromas que producen os bordos da trampa e, cando pousan, esvaran e caen dentro. Unha vez afogados, son dixeridos.

Dirección: Fran Martínez
Bailan: Patricia Alonso, Daniele, Belén Ferro, Mercedes Ferro, Alicia Fraga, Sira González Rodríguez, Rosa Mojón, Sonia Paz, María de los Ángeles Perez Losada, Patricia Román, Noelia Rope.

Universidade de Vigo. Campus de Ourense

____________________________

Clásicos Max Mix

Sinopse

En Clásicos Max Mix recollemos catro dos máis famosos ballets clásicos: Lago dos cisnes, O Quebranoces, Romeo e Xulieta e A Consagración da Primavera. Coa nosa particular visión e desde unha linguaxe contemporánea do movemento e da danza construímos unha peza resumo das máis destacadas escenas clásicas. Así, veredes unha particular entrada dos cisnes que se manifestan como unha protesta cidadá, un fragmento do Quebranoces danzado no chan, unha batalla de barrio disputada entre os Capuleto e os Montesco e unha festa que celebra a Primavera desde o éxtase continuo, sen deixar de bailar nin por un momento.

Dirección: Rut Balbis
Bailan: Eva Fórneas, Lorena Carballido, Fernando Bruna, Zeltia Martínez, Natalia Fraga

Danza Normal UDC