28 Marzo 2014, 20:00

http://istoenormal.org/images/424.jpg

FITEUC/ Danza NORMAL UDC e I+DANZA UDC

Última función do 21º FITEUC en NORMAL, cunha nova actuación de Danza NORMAL UDC e I+Danza UDC.

ANIMAIS DE HÁBITOS NOCTURNOS
Danza NORMAL UDC (Aula de Danza UDC 2013-14)

A maioría dos animais mostran patróns de comportamento non moi diferentes aos das persoas. Trocar o día pola noite é parte do estilo dalgúns deles. Os animais nocturnos teñen os sentidos máis agudizados. Os seus corpos posúen adaptacións especiais que desenvolven capacidades únicas para atrapar a súa presa.

A pesar de que este comportamento se opón á natureza diurna do estilo de vida humana, estes animais engaden calidade a todo o reino animal.

Dirección: Rut Balbís.
Creación e interpretación: Benedetta Cerioli, Estefanía Abelendas, Kaila San Fabián, Laura Ríos, Tiffani López.
Música e DJ en escena: Javier Pérez/Jas Processor.
Iluminación: Afonso Castro.

PUNTO DE FUGA
I+DANZA UDC

As distancias, a profundidade, as perspectivas, a escala e os tamaños modifican o noso ollar. Punto de fuga xoga coa ilusión óptica coa que podemos percibir as imaxes.

I+Danza é un grupo estable da Aula de Danza NORMAL UDC que se dedica a investigar nas artes do movemento en relación con outras disciplinas artísticas. De novo este ano o traballo céntrase no corpo e o audiovisual.

Dirección: Rut Balbís.
Creación e interpretación: Cristina de la Torre, Eva Fórneas, Laura Ríos, Lorena Carballido, Rebeca Freire, Sandra Nieto.
Audiovisuais: Realización/Xosé Vilaboy. Imaxe/Martín Vázquez Soto. Produción/UMAv UDC
Iluminación: Afonso Castro

Capacidade limitada: 60 espectadores. As entradas son gratuítas e poden recollerse na conserxaría de NORMAL.

Imaxes das funcións de Danza NORMAL UDC e I+Danza UDC