26 Marzo 2014, 19:30

http://istoenormal.org/images/423.jpg
Imaxe: Iván Casal Nieto

FITEUC/ 'Nocturnos', Teatro NORMAL UDC

Terceira e última presentación da nova montaxe de Teatro NORMAL UDC no paso do FITEUC 2014 por NORMAL.

NOCTURNOS, de Paco Zarzoso
Teatro NORMAL UDC (Aula de Teatro UDC 2013-14)

Panorámica nocturna das aforas dunha cidade á beira do mar. Algúns habitantes saíron esa noite sen o paraugas que os protexe da choiva de meteoros e estrelas.

REPARTO:
TAXISTA: Laura Blanco Mata.
FAREIRA: Marta Edreira.
ADMINISTRATIVA: Amelia da Silva.
AUTOMOBILISTA: Marcelino Fuentes.
ACCIDENTADA: Tania Paseiro Galán.
CONDUTORA DE AMBULANCIAS: Patricia Tembleque.
PARACAIDISTA: Marián Fuentes Loureiro.
MULLER DO SÉTIMO: Laura Blanco Mata.
MULLER PRIMEIRA: Nuria Calvo.
MULLER SEGUNDA: Oana Lazarescu.
PROPIETARIA: Bea Martínez Figueroa.
MULLER DOS MOBLES: Sara Fernández Baldomir.
TRANSPORTISTA: Diego Franqueira Docampo.
PAXARO NA GAIOLA: Andrew (1).

Dirección: Rubén Ruibal
Axudante de dirección: Laura Mariño
Escenografía, atrezzo e deseño gráfico: Iván Casal Nieto
Vestiario: Aula de Teatro UDC 2013-14
Iluminación: Afonso Castro
Banda Sonora: Roberto Casteleiro

Agradecementos: Garys644.

Capacidade limitada: 60 espectadores. As entradas son gratuítas e poden recollerse na conserxaría de NORMAL.

(1) As lexislacións municipal e autonómica vixentes impídennos maltratar un canario durante a función, dado que este non é un espectáculo taurino. Pregamos ao público que imaxine un paxaro amarelo axitándose dentro da gaiola cando a situación en escena convide a facelo.