27 Marzo 2014, 19:30

http://istoenormal.org/images/422.jpg

FITEUC/ 'Welcome', TUF

TUF, o grupo de teatro universitario do Campus de Ferrol, debuta no 21º FITEUC coa presentación de Welcome, a súa nova creación colectiva.

O espectáculo do TUF (Teatro Universitario de Ferrol), dirixido por Gonçalo Guerreiro, é o resultado dos obradoiros de interpretación que se celebran no Centro Cultural Universitario de Esteiro durante o primeiro e segundo cuadrimestre. Trátase dunha proposta na que o espectador entra no propio espectáculo e forma parte del compartindo espazo cos intérpretes.

Capacidade limitada: 60 espectadores. As entradas son gratuítas e poden recollerse na conserxaría de NORMAL.