16 Febreiro 2016, 15:30

http://istoenormal.org/images/361.jpg

Aprender a mirar: iniciación á Fotografía

Curso de iniciación á fotografía que pretende achegar o alumnado ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cine, pintura, literatura).

Obxectivos:

- Achegar os alumnos ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cinema, pintura, literatura).

- Conseguir crear unha curiosidade e unha sensibilidade cara a fotografía.

- Aprender a interpretación da fotografía no espazo-tempo. Analizar o feito fotográfico como instante que conxela o presente, transcendendo no futuro como memoria do pasado.

- Ser conscientes do que implica tomar unha fotografía: algo que xamais se volverá repetir e que podemos “repetir”, copiar, tantas veces como queiramos.

- Coñecer o manexo de diferentes tipos de cámaras fotográficas e, dun xeito máis específico, coñecer o manexo e técnicas básicas da cámara réflex.

- Aprender a saber intuír o lugar, a posición e o momento á hora de disparar unha fotografía.

Contidos:

- Achegamento ao fenómeno artístico da fotografía desde os seus comezos até o día de hoxe (desde a pintura dos Países Baixos á fotografía dixital).

- Coñecemento da cámara réflex: as súas partes (corpo e obxectivos), a técnica fotográfica (enfoque, encadre, luz) e a técnica de revelado.

- Os parámetros a ter en conta á hora de tomar unha fotografía:
o O diafragma
o A velocidade de obturación
o A sensibilidade do sensor. O ISO
o O balance de brancos
o A compensación da exposición. O EV

- Búsqueda do feito fotográfico a partir doutros campos artísticos e a súa interconexión (pintura, cinema, vídeo).

- A fotografía como resultado do mundo íntimo e interior do fotógrafo.

- A fotografía en branco e negro vs a fotografía a cor.

- Saídas onde se porán en práctica os coñecementos adquiridos polos alumnos

O desenvolvemento do curso parte dos coñecementos do profesor de fotografía, apoiados na proxección de diapositivas, fotografías, pinturas, vídeos e lecturas de textos que incentiven o interese pola fotografía. Ademais, as saídas ao exterior tentarán reflexar o exposto nas clases, de xeito que o alumnado poña en práctica os contidos do curso.

O obradoiro é impartido por Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. É membro de NO IMPORTA taller creativo e da Asociación Galega de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA). Imparte cursos sobre fotografía en diferentes empresas e institucións e ten participado como membro do xurado de varios concursos fotográficos. Colabora con diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional e participou na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma, así como en diferentes exposicións colectivas e individuais.

Datas: todos os martes entre o 16 de febreiro e o 10 de maio de 2016.
Horario: de 16:30 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula 2.7 de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula)
Participantes: 25 persoas máximo.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 28 de xaneiro até o 11 de febreiro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org