6 Outubro 2015, 14:30

http://istoenormal.org/images/254.jpg

Aprender a fotografar: perfeccionamento en fotografía

Curso de perfeccionamento da técnica fotográfica no que se aprenderá a manexar diversas cámaras fotográficas, desde unha estenopeica até unha SLR (réflex) dixital.

Obxectivos:

- Aprender o manexo das cámaras fotográficas, desde unha estenopeica ata unha SLR (réflex) dixital.

- Poñer en práctica os coñecementos adquiridos no curso de iniciación.

- Estudo dos diferentes “temas” fotográficos”: paisaxes, retrato, macrofotografía…

- Introdución ao retoque fotográfico.

Contidos:

- Fotografía de paisaxes

- Fotografía documental/Fotoreportaxe

- Fotografía de retrato

- Fotografía nocturna

- Fotografía de interiores/Fotografía con flash

- Introdución a programas informáticos de retoque fotográfico.

- A través do software, e con fotos sacadas polos propios alumnos, faranse varios traballos de “retoque” dixital:

o O paso de raw a tiff
o Os axustes en tiff
o O paso de tiff a jpeg

- Finalmente, os alumnos poderán controlar as súas cámaras, axustando ao máximo as posibilidades de cada un, para logo fotografar:

o O QUE (que podemos fotografar)
o O CANDO (cal é o momento idóneo)
o O CANTO (a cantidade de fotos que debemos tomar dun motivo)
o O ONDE (cal é o lugar, o espazo axeitado para tomar a fotografía)
o O COMO (de que xeito, con que encadre, con que diafragma, con que ISO..)
o O POR QUE (cales son os motivos que fan que unha imaxe nos atraia)

O desenvolvemento do curso parte dos coñecementos do profesor de fotografía, apoiados na proxección de diapositivas, fotografías, pinturas, vídeos e lecturas de textos que incentiven o interese pola fotografía. Ademais, as saídas ao exterior tentarán reflexar o exposto nas clases, de xeito que o alumnado poña práctica os contidos do curso.

O obradoiro é impartido por Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. É membro de NO IMPORTA taller creativo e da Asociación Galega de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA). Imparte cursos sobre fotografía en diferentes empresas e institucións e ten participado como membro do xurado de varios concursos fotográficos. Colabora con diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional e participou na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma, así como en diferentes exposicións colectivas e individuais.

Datas: todos os martes entre o 6 de outubro de 2015 e o 19 de xaneiro de 2016.
Horario: de 16:30 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula 2.7 de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: 25 persoas máximo.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 14 de setembro até o 2 de outubro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org