15 Xuño 2011, 10:00

http://istoenormal.org/images/68.jpg

FUME / proxecto residencia artística

Sala Almacén. 6 – 30 de xuño

Seguindo o obxectivo de NORMAL de colaborar e apostar por propostas artísticas contemporáneas de calidade, innovadoras e con proxección fóra de Galicia,despois de acoller con grande éxito a estrea da performance OPERATORIO (Carlos Neira e Antía Otero), agora é o momento de FUME.

Este proxecto de artes escénicas ocupará a sala ALMACÉN para afondar no proceso de creación work in progress despois de sendas residencias artísticas na Fundación Luís Seoane e na Asociación Cultural Manicómicos, ambas no marco dos proxectos de investigación coreográfica do Centro Coreográfico Galego.

FUME móvese entre as sombras, o cinema e a danza; na procura dun novo código, de novos tempos de contemplación, doutra dimensión que non é a dunha pantalla plana, nin a do corpo en movemento. Buscando a maneira de fusionar o efémero co repetible, respectando a máxima virtude de cada medio ata alcanzar o mellor vehículo para as emocións pretendidas.

Anxela Blanco idea e interpretación
Iván Rodríguez-Krah atmósfera sonora
Miguel Mariño arte visual
Dani Pais instalación técnica e iluminación

Imaxes cedidas por Óliver Laxe