21 Setembro 2011, 21:00

Fume en NORMAL

Seguindo coa nosa aposta por propostas artísticas contemporáneas, preséntase ao público o espectáculo FUME na sala de exposicións de NORMAL.

Este proxecto de artes escénicas ocupou a sala ALMACÉN de NORMAL ao longo do curso pasado para afondar no proceso de creación, logo de dúas residencias artísticas na Fundación Luís Seoane e na Asociación Cultural Manicómicos, ambas as dúas no marco dos proxectos de investigación coreográfica do Centro Coreográfico Galego.

FUME móvese entre as sombras, o cinema e a danza; na procura dun novo código, de novos tempos de contemplación, doutra dimensión que non é a dunha pantalla plana, nin a do corpo en movemento. Buscando a maneira de fusionar o efémero co repetible, respectando a máxima virtude de cada medio ata alcanzar o mellor vehículo

O equipo de FUME está formado por:

Ánxela Blanco idea e interpretación
Iván Rodríguez-Krah atmosfera sonora
Miguel Mariño arte visual
Dani Pais instalación técnica e iluminación

Imaxes cedidas por Óliver Laxe