24 Xuño 2011, 12:53

GRAMÁTICAS DO MOVEMENTO E EXPERIENCIA ESTÉTICA

A proposta de traballo é un equilibrio entre a práctica, a reflexión, a análise e o debate, sobre como practicar a danza.

“Nunca sei de antemán o que vou bailar e tamén ignoro que movementos vou utilizar… Cada vez que comezo a bailar teño a sensación de dar un salto ao baleiro e nunca sei se vou caer de pé. Só máis tarde me decato do resultado do meu traballo”

Profesora: Lipi Hernández

Este curso convocado por NORMAL e DANESGA (danza escénica de Galicia) nace co interese de experimentar sobre as gramáticas do movemento e a experiencia estética.

Como propor ao corpo a súa presentación e a súa representación, como adestralo e como preparalo como fonte inesgotable de escrituras coreográficas? O obxectivo é construír e educar o corpo para dispor de todo aquilo que existe na invisibilidade: a imaxinación, a vibración, a intuición….
O laboratorio propón un traballo de estudo, de análise, práctica e reflexión, sobre o simple feito de bailar. Para iso estudaremos, sobre como repensar o pensamento, como educar a imaxinación, como aprender a observar, como imaxinar, como traballar sobre o recoñecemento de pautas, a transformación e a abstracción.

Dividido en varios bloques, comézase pola meditación inspirada, baseada en Naam Ioga e pásase logo a unha segunda parte en que se lle dan ao corpo as ferramentas necesarias (anatómicas e de percepción) para responder á demanda do movemento/danza. Na terceira parte únese a improvisación como método de aprendizaxe ao traballo das emocións co fin de activar o imaxinario e, por último, procédese a unha reflexión sobre a nosa propia práctica.

inicio 24 de xuño
participantes máximo 20 persoas
25 e 26 10:00 ás 15:00 h
25 e 26 10:00 ás 15:00 h
100 € público xeral
40 € Socios de DANESGA e alumnos da UDC
70 € Outras asociacións

inscricións e solicitude do programa do curso ata o 21 de xuño en danesga