6 Outubro 2015, 08:00

http://istoenormal.org/images/425.jpg

I+D Grupo de investigación en danza contemporánea

Grupo estable da Aula de Danza que ten como fin investigar nas diferentes artes do movemento creando unha peza de danza.

I+Danza foi concibido como grupo de investigación de danza contemporánea para que algunhas persoas que xa estiveron na montaxe outros anos e que, ou ben xa non son universitarias, ou ben non poden comprometerse a viaxar co grupo institucional, sigan adiante coa súa formación. Este grupo traballará nunha pequena montaxe.

A metodoloxía empregada constará de aquecemento guiado (activación cardiovascular, estiramentos, movilización articular…), exercicos de conciencia corporal, exercicios individuais ou grupais de búsqueda de material coreográfico, improvisacións e xogos de composición, estudo da cámara e dos elementos tecnolóxicos, así como de lecturas e visionado de vídeos. Durante as aulas traballaranse os seguintes contidos:

- A conciencia do corpo e do corpo en movemento.

- Diferentes estilos de danza contempóranea e das artes en movemento.

- Pesquisa de movementos e material coreográfico.

- Composición dunha peza coreográfica.

Os obxectivos que persegue este curso son:

- Crear un grupo estable de investigación científica nas diferentes vertentes de arte en movemento.

- Mostrar a danza como unha rama artística que ten a capacidade de expresar calquera sensación, experiencia ou pensamento propios, nun acto comunicativo único.

- Experimentar novas tecnoloxías.

- Crear unha peza de danza contemporánea e vivenciar o seu proceso creativo e a súa representación en diferentes teatros e aulas universitarias.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL.

Datas: todos os martes e xoves entre o 6 de outubro de 2015 e maio de 2016.
Horario: de 10:00 a 12:00 horas.
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ por cuadrimestre a comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ por cuadrimestre o público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 12 persoas (requírese experiencia previa).

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 14 de setembro até o 2 de outubro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org