15 Outubro 2013, 08:00

http://istoenormal.org/images/257.jpg

I+D Grupo de investigación de Danza Contemporánea

Grupo estable da Aula de Danza que ten como fin investigar nas diferentes artes do movemento creando unha peza de danza.

I+Danza foi concibido como grupo de investigación de danza contemporánea para que algunhas persoas que xa estiveron na montaxe outros anos e que, ou ben xa non son universitarias, ou ben non poden comprometerse a viaxar co grupo institucional, sigan adiante coa súa formación. Este grupo traballará nunha pequena montaxe.

A metodoloxía empregada constará de aquecemento guiado (activación cardiovascular, estiramentos, movilización articular…), exercicos de conciencia corporal, exercicios individuais ou grupais de búsqueda de material coreográfico, improvisacións e xogos de composición, estudo da cámara e dos elementos tecnolóxicos, así como de lecturas e visionado de vídeos. Durante as aulas traballaranse os seguintes contidos:

- A conciencia do corpo e do corpo en movemento.

- Diferentes estilos de danza contempóranea e das artes en movemento.

- Pesquisa de movementos e material coreográfico.

- Composición dunha peza coreográfica.

Os obxectivos que persegue este curso son:

- Crear un grupo estable de investigación científica nas diferentes vertentes de arte en movemento.

- Mostrar a danza como unha rama artística que ten a capacidade de expresar calquera sensación, experiencia ou pensamento propios, nun acto comunicativo único.

- Experimentar novas tecnoloxías.

- Crear unha peza de danza contemporánea e vivenciar o seu proceso creativo e a súa representación en diferentes teatros e aulas universitarias.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL.

Datas: todos os martes entre o 15 de outubro de 2013 e maio de 2014.
Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: Requírese experiencia previa.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 18 de setembro até o 11 de outubro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es