6 Outubro 2015, 16:30

http://istoenormal.org/images/556.jpg

III Curso Historia da Teoría Feminista

Entre outubro e decembro, desenvolveranse no CUBO as sesións do III Curso de Historia da Teoría Feminista, que vén organizando o Centro de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade da Coruña (CEXEF).

Este curso do Centro de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade da Coruña é unha oportunidade única na cidade para o alumnado se formar e adquirir coñecementos sobre materia de xénero e feminismo.

O profesorado que impartirá o curso está composto por expertas chegadas dende todo o estado español:

Rosa Cobo Bedia, profesora da facultade de socioloxía, directora do curso e do CEXEF, experta en xénero e feminismo.
Luisa Posada Kubissa, profesora na facultade de filosofía na Universidade Complutense de Madrid.
Mónica Bar Cendón, escritora e ensaista galega experta en Igualdade e Impacto de Xénero.
Antía Pérez Caramés, profesora da facultade de socioloxía, experta en Xénero e Coidados.
Ana Sánchez Bello, profesora da Universidade da Coruña, experta en Políticas de Igualdade e Tratamento da Violencia de Xénero dende as institucións públicas.
Beatriz Ranea Triviño, investigadora da facultade de socioloxía e de ciencias políticas da Universidade Complutense de Madrid, experta en Prostitución e Trata.

Ademais, este ano a III Edición do Curso de Historia da Teoría Feminista contará cunha inauguración de luxo, a cargo da xurista costarricense Alda Facio, experta en asuntos de xénero, directora desde 1991 do Programa “Mujer, Justicia y Género del Instituto Latinoamericano de las Naciones Unidas para la Prevención del Delito”.

Datas: 6, 13, 19 e 26 de outubro; 4, 9, 16, 23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro.
Horario: de 18.30 a 21.00 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.
Prezos: 60 euros para estudantes, paradas/os e xubiladas/os.
100 euros para traballadoras/es

A UDC convalidará a asistencia ó curso cun crédito por actividades de grao.

Inscrición:
Pódese enviar un email a cexef@udc.es, indicando nome e apelidos, dni ou pasaporte e enderezo electrónico e número de teléfono de contacto ou realizar a inscrición presencial:

- días 23, 24, 29 e 30 de setembro de na Facultade de Socioloxía – Campus de Elviña, 15071, no despacho da profesora Rosa Cobo, 2.º andar. Tlf. 981167000 EXT. 4819

- días 25 e 28 de setembro e 1 e 2 de outubro de 16.00 a 20.00 na oficina do Cexef no Centro Universitario de Riazor. Tlf. 981167000 EXT. 4410.