15 Maio 2019, 20:00

http://istoenormal.org/images/716.jpg

Presentación do catálogo da exposición Aralladas, de Alberte Oro Claro

As esculturas son obxectos do cotiá reinterpretados para provocar, para roubar sorrisos e para brincar co absurdo. Trátase de obras que se moven entre o surrealismo e a arte conceptual: son xogos intelixentes para ultrapasar o evidente e que nada sexa o que parece.

O autor rescata obxectos cotiás en mercados de moitos países para reinventalos e darlles un novo significado, eso si, con moita retranca.

Mostra da extensa obra do escultor, médico de formación e profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.

O catálogo da exposición presentarase o día 15 de maio.