30 Decembro 2014, 16:00

http://istoenormal.org/images/520.gif

INFUSCIENCE _ edición especial _ Volven a casa polo Nadal

Coincidindo co 25º aniversario da Universidade da Coruña, NORMAL acolle unha edición especial do Infuscience, un encontro arredor da ciencia. Desta volta, tres investigadoras volven á casa para achegarnos aos seus traballos no estranxeiro.

PROGAMA

17:00H. Inicio

17:15H. Abrochen os cintos, hoxe viaxamos ao pasado. Desenredando a historia natural mediante o estudo do ADN antigo.
Alba Rey de la Iglesia
Centro de Xeoxenética // Centre for Geogenetics
Museo de Historia Natural de Dinamarca // Statens Naturhistoriske Museum. Copenhague, Dinamarca.

17:50H. MICROviaxe desde as covas prehistóricas ata a EcoEnxeñaría en África.
Estefanía Porca Belío
Laboratorio de Ecofisioloxía Microbiana e Ecoenxeñaría // Microbial EcoPhysiology & EcoEngineering Lab
Escola de Ciencias Naturais // School of Natural Sciences
Universidade Nacional de Irlanda // National University of Ireland. Galway, Irlanda.

18:25H. A batalla contra as Super Bugs: que facer nunha era post-antibiótica.
Astrid Pérez Gómez
Departamento de Microbioloxía // Department of Microbiology
Universidade de Miami // Miami University Oxford, Ohio, Estados Unidos de América

19:00H. Debate moderado por Moisés Canle, decano da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

20:00H. Networking.

A entrada é gratuíta, unha vez feita a inscrición previa no enderezo de correo info@allgenetics.eu.

Organiza: AllGenetics
Colaboran: Universidade da Coruña e Teagarden