16 Outubro 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/257.jpg

Iniciación á Danza Contemporánea

Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís.

Ademais do coñecemento da disciplina durante o primeiro cuadrimestre, existe a posibilidade de ser seleccionado para a participación na produción da Aula de Danza NORMAL no segundo cuadrimestre. O espectáculo xurdido desta produción representará á Universidade da Coruña en diferentes festivais.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza da UDC.

Datas: todos os martes e xoves entre o 16 de outubro e o 11 de decembro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos de libre elección: 1 (solicitado)

Preinscrición e matrícula:

Debido ás obras de mellora e acondicionamento das aulas onde se desenvolverán os obradoiros, que están a demorar a inscrición nas actividades de NORMAL, ábrese un prazo de preinscrición até o momento en que se abra oficialmente o prazo de matrícula. Para isto, abondará con comunicar ao correo cultura.coruna@udc.es, baixo o asunto “Preinscrición”, os seus datos persoais (nome completo, DNI e teléfono), con indicación do obradoiro ou curso en que quere participar. Recibirá un aviso de confirmación no momento en que se abra o prazo de matrícula. Grazas pola colaboración e desculpe as molestias ocasionadas.

Tamén pode preinscribirse directamente en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es
Área de Deportes. Pavillón de Deportes, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 1904