24 Febreiro 2015, 16:00

http://istoenormal.org/images/424.jpg

Iniciación á danza contemporánea

Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís.

A metodoloxía empregada constará de clases guiadas e de exploración persoal, con exercicios individuais, de parellas ou de grupo e xogos de improvisación. Durante as aulas traballaranse os seguintes contidos:

- A conciencia do corpo e do corpo en movemento.

- Dimensión espacial e rítmica do noso corpo.

- Conceptos básicos: traballo ad curva e release, traballo de chan, eixo, cambio de peso, caídas e rodamentos.

- Exercicios de composición coreográfica.

Os obxectivos que persegue este curso son:

- Mostrar a danza como unha rama artística que ten a capacidade de expresar calquera sensación, experiencia ou pensamento propio, nun acto comunicativo único.

- Descubrir o noso corpo como instrumento de comunicación por medio do movemento, un movemento que é único e diferente en cada persoa.

- Experimentar os conceptos básicos da danza contempóranea.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL.

Datas: todos os martes e xoves entre o 24 de febreiro e o 21 de abril de 2015.
Horario: de 17:00 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de danza.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 25 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 2 até o 16 de febreiro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org