17 Febreiro 2016, 18:30

http://istoenormal.org/images/338.jpg
Iván Casal

Iniciación á Danza Contemporánea

Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís onde desenvolver os principios básicos da disciplina.

Neste curso achegaremos a danza contemporánea a todas aquelas persoas, con ou sen experiencia previa, interesadas en traballar desde o corpo.

A partir das diferentes técnicas e estilos de danza contemporánea traballaranse os conceptos corporais básicos. Ademais, coñeceremos outras formas de composicións coreográficas a partir de improvisacións e xogos escénicos.

A metodoloxía empregada constará de clases guiadas e de exploración persoal, con exercicios individuais, de parellas ou de grupo e xogos de improvisación. Durante as aulas traballaranse os seguintes contidos:

- A conciencia do corpo e do corpo en movemento.

- Dimensión espacial e rítmica do noso corpo.

- Conceptos básicos: traballo ad curva e release, traballo de chan, eixo, cambio de peso, caídas e rodamentos.

- Exercicios de composición coreográfica.

Os obxectivos que persegue este curso son:

- Mostrar a danza como unha rama artística que ten a capacidade de expresar calquera sensación, experiencia ou pensamento propio, nun acto comunicativo único.

- Descubrir o noso corpo como instrumento de comunicación por medio do movemento, un movemento que é único e diferente en cada persoa.

- Experimentar os conceptos básicos da danza contempóranea.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL.

Datas: todos os mércores entre o 17 de febreiro e o 1 de xuño de 2016.
Horario: de 19:30 a 21:30 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula)
Participantes: máximo 25 persoas (non é precisa experiencia previa)

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org