19 Febreiro 2013, 17:30

http://istoenormal.org/images/326.jpg

Iniciación á Danza Contemporánea

Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís.

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza da UDC.

Datas: todos os martes e xoves entre o 19 de febreiro e o 4 de maio.
Horario: de 17:30 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 20 persoas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 30 de xaneiro até o 28 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es