20 Febreiro 2013, 16:00

http://istoenormal.org/images/325.jpg

Iniciación ao Teatro

Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos. Posibilidade de participación nos ensaios e creación dun espectáculo teatral no segundo cuadrimestre do curso.

Imparte o curso Carlos Losada, autor e director teatral, director artístico de Teatro Cachuzo. Premios Manuel María 2007 por Game over e Abrente 2008 por Augusta. Participou como axudante de dirección en montaxes de Teatro do Aquí e o Centro Dramático Galego.

Datas: todos os mércores entre o 20 de febreiro e o 8 de maio.
Horario: de 16:00 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 20 persoas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 30 de xaneiro até o 15 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es