31 Outubro 2015, 09:00

http://istoenormal.org/images/554.jpg

Inner Tools, workshop con Julio César Iglesias

O bailarín e coreógrafo Julio César Iglesias, de paso pola cidade, ofrece este obradoiro intensivo de danza no marco do proxecto La buena aventura.

La buena aventura é un proxecto sin un espazo físico propio e nace coa intención de intervir o público: facer vibrar un espazo público para facer vibrar o corpo público. Esta actividade arranca en 2014 e, no seu primeiro ano de vida, contou coa participación de dez artistas das artes do corpo e confluiu con dez colectivos de outras disciplinas, resoando en espazos como o Conservatorio de Danza de Málaga, La Térmica, ou a Escuela de Arte San Telmo.

Con Inner Tools, La buena aventura achégase a NORMAL da man de Julio César Iglesias. Trátase dun obradoiro que procura a creación de ferramentas para o control das accións e emocións usando todo o potencial e consciencia e tendo o “agora” como rol principal. Ferramentas internas que pasan polo control das nosas fontes físicas e mentais para entrar e saír dos estados emocionais sendo realmente un mesmo.

Julio César Iglesias Ungo é un bailarín e coreógrafo de orixe cubana afincado no centro de Europa, entre Bélxica e Alemaña. Graduado da Escuela Nacional de Artes de La Habana, é membro da compañía nacional Danza Contemporánea de Cuba como coreógrafo. Comezou na compañía como bailarín, participando nunha vintena de pezas dos máis diversos estilos e con coreógrafos internacionais como é costume nesta famosa compañía. A día de hoxe, en calidade de coreógrafo, asina as súas propias creacións para a mesma.

A súa traxectoria en Europa non é menos importante: participa como bailarín en numerosas creacións de distintos coreógrafos, dos que destacan Samir Akika / Unusual Symptoms (Alemania), co que traballa en máis de cinco espectáculos; Última Vez / Wim Vandekeybus (Bélxica), onde participa en dúas producións; Susanne Linke (Alemaña), na reposición de RurhOrt, ou, máis recentemente, dentro do proxecto de Helder Seabra.

Como creador asina varias creacións en Alemaña como coreógrafo convidado, entre elas Out of Body, peza para seis bailaríns e producida na súa meirande parte polo Schauspielhaus de Bochum, un gran teatro alemán que produce e coproduce tanto obras de teatro como de
danza, e The Family, creada para catro bailaríns e un músico, que se produce desde Pottporus / Renegade co apoio do teatro Pumpenhaus de Münster.

A relación profesional coa compañía La Macana comeza coa creación de Drown the road en 2011 e mantense con varias colaboracións até a actualidade.

Datas: 31 de outubro e 1 de novembro de 2015.
Horario: sábado de 10 a 14 – 16 a 19 / domingo de 10 a 14:30 horas.
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 60€ público xeral / 50€ alumnado da Aula de Danza NORMAL UDC

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 13 até o 30 de outubro de 2015. Pode facerse directamente enviando un correo ao enderezo aventuralabuena@gmail.com.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org