13 Outubro 2016, 17:00

http://istoenormal.org/images/423.jpg
Imaxe: Iván Casal Nieto

Interpretación teatral

Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos. Posibilidade de participación nos ensaios e creación dun espectáculo teatral no segundo cuadrimestre.

Imparte o curso Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, director e autor teatral.

Datas: todos os martes e xoves entre o 13 de outubro e o 13 de decembro de 2016.
Horario: de 17:00 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula 2.6 de NORMAL.
Prezos: 40€ estudantes / 60€ PAS e PDI / 80€ público xeral / 45€ persoas desempregadas ou con minusvalía

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 ao 30 de setembro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org