19 Outubro 2011, 16:00

Interpretación Teatral

Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia. Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos. Posibilidade de participación nos ensaios e creación dun espectáculo teatral no segundo cuadrimestre.

Profesor: Carlos Losada, autor e director teatral, director artístico de Teatro Cachuzo. Premios Manuel María 2007 por Game over e Abrente 2008 por Augusta. Participou como axudante de dirección en montaxes de Teatro do Aquí e o Centro Dramático Galego

datas do 19 de outubro ao 25 de xaneiro
día mércores
horas das 16 ás 19 horas
lugar aula de danza de NORMAL
prezo 35 € membros da comunidade universitaria, 55 € público xeral, 25 € 2.ª matrícula
créditos de libre elección 2

Para teres a información completa do obradoiro, segue a ligazón