7 Outubro 2015, 14:00

http://istoenormal.org/images/325.jpg

Interpretación teatral

Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos. Posibilidade de participación nos ensaios e creación dun espectáculo teatral no segundo cuadrimestre do curso.

Imparte o curso Juan Carlos Losada Galiñanes, autor e director teatral, director artístico de Teatro Cachuzo. Premios Manuel María 2007 por Game over e Abrente 2008 por Augusta. Participou como axudante de dirección en montaxes de Teatro do Aquí e o Centro Dramático Galego.

Datas: todos os mércores entre o 7 de outubro e o 9 de decembro de 2015.
Horario: de 16:00 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Almacén de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 22 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 14 de setembro até o 2 de outubro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org