17 Febreiro 2016, 15:00

http://istoenormal.org/images/423.jpg
Imaxe: Iván Casal Nieto

Interpretación teatral

Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos.

Imparte o curso Juan Carlos Losada Galiñanes, autor e director teatral, director artístico de Teatro Cachuzo e Walkitalkis radioteatro. Premios Manuel María 2007 por Game over e Abrente 2008 por Augusta. Participou como axudante de dirección en montaxes de Teatro do Aquí e o Centro Dramático Galego.

Datas: todos os mércores entre o 17 de febreiro e o 18 de maio de 2016.
Horario: de 16:00 a 19:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula de Danza.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula)
Participantes: máximo 22 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 28 de xaneiro até o 11 de febreiro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org