3 Febreiro 2019, 17:00

http://istoenormal.org/images/698.jpg

Introdución ao Contact improvisation. Como entrar ao contacto nunha jam. 2 de marzo

Aberta a pre-inscrición para o obradoiro: Contact improvisation. Como entrar en contacto nunha jam. Para a inscrición neste obradoiro, que será de balde, non se precisa experiencia previa.

Formalizarase a pre-inscrición escribindo ao enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal, solicitando a admisión no obradoiro e indicando nome, DNI e teléfono de contacto.

Introdución ao Contact Improvisation: Como entrar en contacto nunha jam

  • Día: sábado 2 de marzo
  • Hora: de 17 a 20 horas (peche de portas ás 16.45h)
  • Lugar: Aula de danza en Normal, A Coruña
  • Profesora:* Clara Ferrao, mestrada en danza e artes do movemento. Bailarina en Maximiliano San-ford Cía. Docente na Asociación de Danza de Gondomar e impulsora do festival Gondomar en Contacto.
  • Obxectivo:* Espertar o corpo agudizando o sentido do tacto. Manter atención ao momento presente. Coidarse e coidar, aceptar e tomar decisións.
  • Contidos:* – Recoñecemento das posibilidades de movemento de cada corpo. – Toma de conciencia dos puntos de contacto e do propio peso, gravidade. – Investigación das distintas formas de contacto. – Afondar na escoita do diálogo físico e do grupo para o desenvolvemento da jam de CI. – Utilización de recursos de composición para a creación no momento presente.
  • Pre-inscrición:* Escribindo ao enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.es (prazas limitadas)
  • Prezo:* De balde
  • Requisitos:* Ningún, non é precisoter experiencia previa.
  • Apoia:* Universidade da Coruña, Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
  • Organiza: https://www.facebook.com/groups/Contact.Coruna
  • Co-organiza: NORMAL