23 Febreiro 2017, 19:30

http://istoenormal.org/images/590.png

Itenerarios de cultura sostible. Proxección de Sobremesa, Números e Come go

Desde a Barraca Verde propóñennos Itinerarios de cultura sostible (cinema, arquitectura ou fotografía entre outros) co obxectivo de desenvolver estratexias e experiencias de reflexión e de dinamización en espazos educativos, sociais e culturais, no marco dun debate imprescindible a día de hoxe: o da sostibilidade. O termo “sostible” vai moito mais alá do simplemente ecolóxico.

Na amplitude deste concepto, presentamos cinco pezas documentais de Susana Rey repartidas en tres itinerarios que se proxectarán na sala Cubo de Normal

Itinerario 2

Pase 1: 19:30h
Pase 2: 20:15h

Sobremesa (2’18’’. Experimental), 2008
Seleccionada en diversos festivais e foros (2008-2010): Filminho, Galicia-Portugal. Festival Internacional de Cinema de Ourense. Cineuropa, Santiago de Compostela. Galicia en Madrid, Matadero, Madrid.

Números (6’. Experimental), 2008
Seleccionada en diversos festivais e foros (2008-2016): Cineuropa, Santiago de Compostela; “Visións – Cinema e Muller”, Museo de Pontevedra; Auditorio do Concello-Cineclub Lumière, Vigo.; Filminho, Galicia-Portugal; Festival Internacional de Cinema de Ourense; Galicia en Madrid, Matadero, Madrid.

Come go (15’ 43’’. Experimental), 2016
Curtametraxe realizada no marco da II Chanfaina Lab, San Sadurniño, A Coruña, 2016.