2 Marzo 2017, 19:30

http://istoenormal.org/images/595.jpg

Itinerarios de cultura sostible. «Dues Flors per a un Cavallet» · Dúas Flores para un Cabaliño

Desde a Barraca Verde propóñennos Itinerarios de cultura sostible (cinema, arquitectura ou fotografía entre outros) co obxectivo de desenvolver estratexias e experiencias de reflexión e de dinamización en espazos educativos, sociais e culturais, no marco dun debate imprescindible a día de hoxe: o da sostibilidade. O termo “sostible” vai moito mais alá do simplemente ecolóxico.

Na amplitude deste concepto, presentamos cinco pezas documentais de Susana Rey repartidas en tres itinerarios que se proxectarán na sala Cubo de Normal

Itinerario 3

Dúas flores para un cabaliño “ecofilme” en construción (78’. Longametraxe documental), 2015.
Na sala Cubo de Normal

Esta longametraxe documenta a vontade dunhas persoas que, no contexto actual, deciden buscar unha alternativa de vida, real e imaxinativa, para eles e para o seu ámbito: a bio-construción. Mais aló dun documento técnico exhaustivo e veraz, presentamos o Delta do Palància como o lugar onde conflúen persoas, animais e cousas para darlle todo o sentido a un espazo de vida, de ideas, de resistencia.

Susana Rey
Doutora en Belas Artes é guionista e realizadora audiovisual. Os seus traballos fílmicos víronse en múltiples festivais de cine de diversos países e foron reseñados en prensa especializada: Cahiers du Cinema, Variety
Traballou no equipo de arte de diversas longametraxes como Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa; A los que aman, de Isabel Coixet; Cuando vuelvas a mi lado, de Gracia Querejeta… . Seleccionada para realizar varios proxectos de escultura en espazos públicos, colabora en prensa e é autora e ilustradora do libro-disco Martiño e o mar.