10 Outubro 2016, 18:30

http://istoenormal.org/images/577.jpg

IV Curso de Historia da Teoría Feminista

Entre outubro e decembro, desenvolveranse no CUBO as sesións do IV Curso de Historia da Teoría Feminista, que organiza o Centro de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade da Coruña (CEXEF).

Como en edicións anteriores o curso de Historia da Teoría Feminista desenvolverá una aproximación de interese aos principais movementos, autoras e obras relevantes dende o século XVIII ata a actualidade.
Nesta edición daráselle especial relevancia ao feminismo e multiculturalismo para o que contamos con dúas ponentes de excepción: Sophie Bessis (quen se fará cargo sesión de clausura) e Nazanin Armanian.

Este ano contamos coa colaboración de Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia, entidade coa que logramos financiación a través dos proxectos de educación para o desevolvemento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, e da propia Universidade da Coruña.

PROGRAMA

10 OUTUBRO / 18:30H. ROSA COBO BEDÍA
Introdución. O Século XIX. Teoría feminista e teoría crítica. Ilustración e modernidade.

17 OUTUBRO / 18:30H. CRISTINA LÓPEZ VILLAR
Século XX. O movemento sufraxista e a conquista dos dereitos civís. John Stuart Mill e a suxección da muller.

24 OUTUBRO / 18:30H. ANA SÁNCHEZ BELLO
Simone de Beauvoir. O segundo sexo. O xénero como contrución social.

2 NOVEMBRO / 18:30H. ANTÍA PÉREZ CARAMÉS
Betty Friedan. A mística da feminidade.

7 NOVEMBRO / 18:30H. ANA IGLESIAS GALDO
O feminismo radical de Kate Millett. O persoal é político.

14 NOVEMBRO / 18:30H. CRISTINA BAJO ENRÍQUEZ
A historia do movemento feminista en Galicia.

21 NOVEMBRO / 18:30H. LUISA POSADA KUBISSA
O feminismo da diferenza.

28 NOVEMBRO / 18:30H. BEATRIZ RANEA TRIVIÑO
Novos feminismos.

12 DECEMBRO / 18:30H. NAZANIN ARMANIAN
Feminismo e interculturalismo.

19 DECEMBRO / 18:30H. SOPHIA BESSIS
Conferencia de clausura.

Datas: 10, 17 e 24 de outubro; 2, 7, 14, 21 e 28 de novembro; 12 e 19 de decembro de 2016.
Horario: de 18.30 a 21.30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.
Prezos: 60€ para estudantes e persoas desempregadas / 100€ público xeral / de balde para voluntarios/as de Enxeñería sen Fronteiras-Galicia

Inscrición:
Para inscribirse no curso cómpre enviar un e-mail a cexef@udc.es, indicando nome e apelidos, documento de identidade, situación laboral (ocupada/o, desempregada/o, estudante, pensionista/o, etc.) e unha dirección postal a onde remitir o certificado.