12 Xullo 2019, 18:00

http://istoenormal.org/images/725.jpg

Jams en Normal os segundos venres de cada mes. De abril a xullo.

Última sesión, o 12 de xullo, de 18.00 a 20.00 horas na aula de danza de Normal, A Coruña.

Jam aberta a todas as persoas interesadas no movemento, na danza, na creatividade, no corpo-mente, na arte, na exploración persoal, na música… Non é necesaria experiencia previa.

A asistencia é de balde e non require inscrición previa. Prégase unha achega económica voluntaria como intercambio coa persoa que guíe os exercicios de quecemento previos á jam. Así mesmo, tratarase de que distintas persoas do colectivo Contact Impro Coruña participen ocasionalmente como guías desta preparación, na que se poden practicar exercicios aprendidos nos obradoiros mensuais que estamos tendo.

En principio, a primeira parte da jam será sen música (“silent jam”, na máis pura tradición de New York) e paulatinamente se irá introducindo música para a segunda parte.

A jam é un espazo autoxestionado. Se hai moitas persoas na zona de movemento trata de agardar un pouco, e cando esteas bailando trata de prestar atención a se hai xente agardando por espazo. Trata tamén de manter o foco na jam e en ti, tanto se estás movéndote como se estás vendo.

Se non hai cambios, as vindeiras jams regulares serán nestas datas:

Datas: 10 de maio, 14 de xuño e 12 de xullo de 2019.
Horario: 12 de xullo de 18:00 a 20:00 horas.
Lugar: Aula de Danza de NORMAL.

Contacta en:

Contact Impro Coruña

Páxina de Facebook de Contact Coruña

contact.impro.coruna@gmail.com Existe tamén un grupo de whatsapp para as persoas interesadas

Normal

cultura.coruna@udc.gal

Teléfonos
881 01 4502 / 881 01 4514