26 Setembro 2014, 20:00

http://istoenormal.org/images/448.jpg

La Dance en concerto

A banda coruñesa La Dance inaugura o novo curso musical cun concerto na sala de exposicións de NORMAL, de onde sairá o seu vindeiro videoclip.

La Dance é un proxecto musical que nace na Coruña a finais de 2009, coa autoxestión e a plena independencia creativa como alicerces. O protagonismo é sempre para as cancións, con letras en castelán que basculan entre o explícito, o cotidiano, a introspección máis crúa, ou as pasaxes oscuras e intimistas.

O son de La Dance cristaliza a principios de 2012 en Noches rojas de Ljubljana. Coas maquetas-embrión deste disco quedan finalistas do XII Concurso de maquetas Cuac FM e co disco recén editado aparecen nos recompilatorios Inframundo VOL.4 e Enchufados VOL.1.

Publicado en 2014, Ciclosférico supón un disco máis ecléctico e electrónico, no que prima máis o eléctrico que o acústico. Con este disco aparecen no recompilatorio Inframundo V.5, quedan finalistas do Concurso Noroeste Pop-Rock 2014, primeiros na final do concurso do Festival de la Luz e son elixidos no mesmo ano para participar no ciclo de concertos Coruña Sonora.

Imaxes do concerto de La Dance en NORMAL.