24 Febreiro 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/16.jpg
La Macana

La Macana

LA MACANA falaranos en NORMAL do seu proxecto de danza contemporánea.

LA MACANA, formada en 2009, falaranos en NORMAL do seu proxecto de danza contemporánea. La Macana son Caterina Varela (A Coruña, 1983) e Alexis Fernández (Santiago de Cuba, 1975), que, despois de traballaren xuntos en diferentes compañías, asumiron de maneira independente o seu labor.

O seu primeiro traballo como La Macana foi a peza VEN, estreada en marzo de 2008 en La Habana, con que conseguen o 1.º Premio, o Premio do Público e o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid, no mesmo ano. VEN puido verse en máis de vinte países e chegou a un cento de representacións en Atenas neste mesmo mes de febreiro. A partir de aí, estrearon tanto producións propias, SHURE PG48, SOMETIMES, como colaboracións con diferentes artistas como EMBER (Laura Arís e Jorge Jáuregui) en COLA DE GALLO e foron coreógrafos convidados en COBARDES, para o Conservatorio Superior de Danza María de Ávila, en Madrid. Actualmente están a traballar no seu próximo proxecto, NOT TITLE YET, que estará coproducido polo Centre Chorégraphique National —Roubaix Nor-Pas de Calais— Carolyn Carlson, en Francia.

En paralelo ao labor creativo desenvolven o pedagóxico, como profesores convidados en diferentes centros internacionais.

Ligazóns