17 Outubro 2013, 17:00

http://istoenormal.org/images/362.jpg
Fiddle Oak

Laboratorio da palabra: creación da constelación dun texto

Este obradoiro é un espazo para traballar coas verbas nas súas diferentes dimensións e utilidades, desde textos formais até páxinas creativas, poemas, redes sociais…

Ademais da lectura de textos, o obradoiro consistirá na escrita e posta en común de diferentes prácticas de composición de textos. Veremos as diferenzas entre a expresión oral e a escrita a través de vídeos e lecturas.

O curso organizarase arredor dos seguintes contidos:

- A palabra como célula dun texto orgánico.

- O parágrafo.

- Argumentos.

- Ximnasia creativa: textos de creación.

Ao finalizar o curso, faremos unha exposición dalgúns dos textos realizados ao longo destas semanas.

Os obxectivos que persegue este obradoiro son:

- Perderlle medo á composición de textos escritos que sigan a curva dunha idea.

- Encarar a páxina ou pantalla en branco con estímulos e ideas e, sobre todo, con vontade.

- Esmoucar textos até facelos máis lexibles ou cómodos.

- Traballar marcadores discursivos e formas novidosas para evitar clixés, formulismos, «zonas de confort» expresivo…

- Aprender a expoñer claramente argumentos e ideas.

- Desautomatizar a linguaxe explorando novas formas de expresión.

Imparte este curso Estíbaliz Espinosa, que é escritora e músico. Licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica pola UDC. Publicou varios libros de poemas en galego, con interese polos vasos comunicantes entre literatura e ciencia. Publica poemas, artigos e contos en diferentes medios galegos e españois, ademais de dar aulas relacionadas coa lingua e a comunicación.

Organizou Pinte un bisonte na caverna, por favor [encontros sobre arte, blogs e novas tecnoloxías] e espectáculos como Cantos dende a marxe, aunando música e literatura, ou Escrito no ceo, sobre astronomía e literatura. Imparte obradoiros de escrita creativa e de literatura dixital.

Datas: todos os xoves entre o 17 de outubro de 2013 e o 6 de febreiro de 2014.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de obradoiros de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: un mínimo de 8 e un máximo de 25 persoas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 18 de setembro até o 11 de outubro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es