27 Setembro 2018, 19:00

http://istoenormal.org/images/659.jpg

LADIES, WINE & DESIGN. Novo encontro en Normal o 27 de setembro

Ladies, wine & design A Coruña volve o xoves 27 ás 19:00 h tras o verán cun portfolio review dirixido por Lis Torrón, directora creativa executiva da axencia Reclam.

Nesta ocasión poñeranse en xogo as capacidades comunicativas das asistentes para falar do que fan, dos seus traballos, do moito que valen. Todas as participantes contarán con 5´ para presentar ante o xurado e o resto de ladies o seu portfolio e tratar de “vendérense” o mellor posible.

As prazas para este encontro son máis limitadas que de costume (10 asistentes) para garantir que todas teñan tempo de presentar e recibir feedback.

Inscricións en lwdcoruna@gmail.com