1 Xuño 2013, 10:40

http://istoenormal.org/images/352.jpg

Laura Piñeiro e Carolina Cruz Guimarey, en residencia

As dúas artistas desenvolverán as súas obras para TÉ CON MADALENAS durante os seus períodos de residencia en NORMAL.

Entre o 2 de maio e o 28 de xuño, Laura Piñeiro elaborará a súa Oda á longánime mirada nas instalacións do espazo cultural. Abrirá o proceso a todas as persoas interesadas, realizando dous obradoiros abertos antes de comezar a montaxe da obra final no espazo expositivo.

Pola súa banda, Carolina Cruz Guimarey estará en NORMAL entre o 22 de xuño e o 1 de xullo para desenvolver o seu proxecto As que habitan a memoria. Do martes 25 ao venres 28 de xuño traballará en aberto, convertindo o seu obradoiro nun lugar onde recibir aos visitantes que queiran coñecer o seu proceso creativo. O xoves 27 de xuño abordará ese mesmo proceso nunha charla aberta ao público.