26 Xuño 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/438.jpg

L&F / 'Catastrophe Walk', con Miguel Prado + Taku Unami

Despois dun día de activación sonora, a xornada concluirá cunha performance nacida da colaboración entre os músicos Miguel Prado e Taku Unami.

Catastrophe Walk é unha performance sonora que trata sobre unha camiñada de varias horas, desde o traballo á casa, tras a catástrofe de Fukushima. A procesión da xente, a pé, cara ás súas casas, con Tokio a retroceder no tempo.

“O que estamos a experimentar é só a percepción do aumento de velocidade dun horizonte local, un simple espasmo clinicamente morto en lugar dunha aceleración navegable, dun proceso experimental de descubrimento dentro dun espazo universal de posibilidades. É esta última forma de aceleración a que consideramos esencial” (Alex Williams, Nick Srnicek).

Horario da activación sonora: 10-22 horas.
Horario da performance: 21 horas.
Duración: 40 minutos.

Miguel Prado é artista e músico experimental. As súas creacións poden rexistrarse en forma de audio, visual e escrita. A súa traxectoria vital desde o seu nacemento, cos seus feitos logrados e os seus fracasos, é significativa para comprender o seu traballo. Explica os seus actos con arranxo ao contexto social, cultural e político da época, intentando reconstruír documentalmente o seu pensamento e figura. Taku Unami é un artista, músico e compositor xaponés.

Entrada libre de público até completar aforo.

Imaxes da actuación de Miguel Pardo en NORMAL.