11 Setembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/441.jpg

L&F / 'Cinema expandido doméstico', con Ana Domínguez + Ángel Rueda

Ana Domínguez e Ángel Rueda, de eSe8, clausuran o proxecto LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS cunha performance de cine expandido.

Performance de cine expandido realizada por Ana Domínguez e Ángel Rueda, onde as imaxes domésticas en Súper 8 acadan unha nova dimensión a través da proxección múltiple e o collage cinematográfico realizado en tempo real.

A asociación cultural eSe8 ten como fin a recuperación, investigación, promoción, difusión e xestión do patrimonio audiovisual, fotográfico, sonoro e artístico, así como a produción audivisual. Organiza eventos con contidos culturais arredor da recuperación e a difusión de arquivos fílmicos e fotográficos, así como actividades didácticas, dirixidas a colectivos, entidades públicas ou privadas. Organiza a (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico.

Entrada libre de público até completar aforo.

Imaxes da clausura de LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS.