17 Xuño 2014, 14:00

http://istoenormal.org/images/437.jpg

L&F / Lanaterapia, con Ana Luaces Araque

Multiplicado por 6 é o título deste obradoiro de lanaterapia no que Ana Luaces Araque amosará como crear un amigurumi.

Un amigurumi é un boneco tecido mediante a técnica de crochet. En Xapón, ademáis dun pasatempo, forma parte importante da cultura do kawaii (tenro), co obxectivo de alimentar o espírito de quen o posúe, pois cren que teñen alma, converténdose en compañeiro e protector para sempre do seu dono.

Neste obradoiro aprenderanse as bases para utilizar o ganchillo, creando divertidos amigurumis con dous sinxelos patróns, que coa axuda da imaxinación e un pouco de práctica, poderán chegar a ser todo o complexos que se queira.

A paixón de Ana Luaces Araque son os fíos, as agullas e as las. Con 9 anos aprendeu a bordar, aos 14 anos xa sabía ganchillar e aos 19 comezou coa calceta. En 2013 abriu a tenda Lanaterapia, onde organiza obradoiros para aprender a calcetar, ganchillar e para crear divertidas personaxes. Reciben encargos para a elaboración de bonecos personalizados, con patróns propios creados para cada un.

Las por cortesía de DMC.

Datas: 17 e 18 de xuño de 2014
Horario: de 16:00 a 20:00 horas (8 horas en total)
Lugar: aula de obradoiros de NORMAL
Prezo: gratuíto
Inscrición: enviar un correo a actividades@istoenormal.org

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org

Imaxes do obradoiro de lanaterapia.