9 Xuño 2014, 14:00

http://istoenormal.org/images/436.jpg

L&F / 'O método Frankenstein', con Héctor Francesch

O artista Héctor Francesch ofrece este obradoiro de creación de imaxes coa técnica do collage, dentro das actividades paralelas de LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS.

Este obradoiro consiste na creación de imaxes, personaxes e escenas co método do collage logo do redebuxado por enriba, de maneira que non se perciba o propio collage. Organizarase unha visita ao obradoiro do artista para coñecer o seu lugar de traballo.

Para un mellor aproveitamento do curso, recoméndase ás persoas que posúan ordenador portátil ou tableta con software de tratamento de imaxes que o leven ás sesións de traballo.

Pintor fascinado polas imaxes, o traballo de Héctor Francesch consiste en fabricalas baixo unha estética influída polo que lle tocou vivir. Interésalle ser un artista do seu propio tempo, partindo da súa experiencia vital. É froito da cultura de televisión, dos tebeos e os debuxos animados, do skate e os xoguetes que máis lle gustaban. Agora experimenta as redes sociais, o exceso de información, as crises e os avances da tecnoloxía. Aborda a contemporaneidade con humor e ironía, para que sexa máis fácil de dixerir, liberándoa do peso negativo que adoita xerar. A súa obra é unha ferramenta para rir, mesmo cando conta cousas serias.

Datas: do 9 ao 12 de xuño de 2014
Horario: de 16:00 a 19:00 horas (12 horas en total)
Lugar: aula de obradoiros de NORMAL
Prezo: gratuíto
Inscrición: enviar un correo a actividades@istoenormal.org

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org

Imaxes do obradoiro de Héctor Francesch en NORMAL.