13 Marzo 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/536.jpg

"Lo Otro: el concierto", de Anto Rodríguez

Da man de Apiario chega á sala circular de NORMAL “Lo Otro”, un concerto performativo para recordar xuntos. Trátase dunha autobiografía escénica escrita por Anto Rodríguez coa pretensión de detonar novas narracións dun/dunha mesmo/a no/na espectador/a.

Estrella de Diego di que cando alguén conta a súa vida, o seu pasado convértese de seguido nunha ficción e que é tarefa imposible tentar converter esa ficción en realidade. Hai uns meses, mirando unha polaroid de Warhol atopei cun feixe de anacos de realidade que estaban e que non estaban, que ían aparecendo e fragmentándose á vez.

Gústame moito contar anécdotas mais non consigo agarrar o intre no que se esvaen. Todo aquilo que rodea unha anécdota e que está composto polo seu pasado, o seu presente e o seu futuro, chámolle ‘Lo otro’. E este é o seu concerto.

No concerto tento recuperar “lo otro” contando unha anécdota.
Para atopar “lo otro” dese relato, para poder facelo ben, preciso contar moitas outras historia da miña vida, cantalas, accionalas.
A anécdota que quero desenterrar é la do día que descubrín que existen dous tipos de cultura separados: unha inferior e unha superior.
Ese foi o día no que todo comezou a esborrallarse ao meu redor.
Sigo tentando entender como poden convivir en min Camilo Sesto e Georges Didi-Huberman, Walter Benjamin e Dolly Parton.

Anto Rodríguez (Asturias, 1986): formado na práctica e teoría das artes escénicas contemporáneas. Entre os seus traballos destacan a longametraxe Frankenstein (Mellor longametraxe asturiana da 51 edición do Festival Internacional de Cine de Xixón) e a conferencia escénica Lo otro: el concierto. Actualmente é bolseiro predoutoral do proxecto de investigación Teatralidades Disidentes da UCLM (Financiado polo MINECO) e membro da asociación de investigadores e creadores en artes escénicas Artea. A súa investigación actual xira ao redor da escritura escénica autobiográfica expandida en diversos formatos e a xeración de dispositivos de escritura artística e teórica.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

Álbum de imaxes de Lo Otro en NORMAL.