28 Abril 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/39.jpg

Maya Deren

CURTAMETRAXES
Meshes in the afternoon* 1943
A study in choreography for camera 1945
At land 1944
Meditation on violence 1948
Ritual in Transfigured Time 1946
The Very Eye of Night 1952-55

Proxección de curtametraxes experimentais da cineasta. Maya Deren (Kiev,1917-Nova York ,1961), naceu en Ucraína, co nome de Eleanora Derenkowsky, pero desenvolveu a súa carreira profesional nos Estados Unidos. Directora de cinema, bailarina, coreógrafa e escritora, é a primeira muller directora do que se chamou cinema underground estadounidense e a súa obra é considerada pola historiografía do cinema, como unha das precursoras do cinema feminista. O seu traballo tamén serviu de ponte entre as artes plásticas e o cinema, xa que se formou coa bailarina, coreógrafa e antropóloga Katherine Dunham. Unha influencia importante na súa filmografía é a temática do inconsciente. Maya Deren interesouse profundamente pola obra de Freud e Jung, que conectaba directamente coa súa paixón pola vangarda surrealista, especialmente a obra de Jean Cocteau e Luís Buñuel, o que se reflicte de maneira directa nos seus filmes.

Entrada libre e de balde
lugar Cubo NORMAL

Repartiranse follas para os asistentes sobre a directora e a súa obra máis importante, Meshes in the afternoon (1943).

videoartworld
sensesofcinema

Máis info